Efervesciencia

O ángulo máxico da revolución "viratrónica" con Pablo Jarillo Herrero [Versión estendida]

Informações:

Sinopsis

[Versión podcast estendida] Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.