Efervesciencia
Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:55:57
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago ?29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova t