Efervesciencia

Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas"

Informações:

Sinopsis

[Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.