Efervesciencia
Efer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:57:03
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal. (16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método