Efervesciencia
“Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:35:25
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
“Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus. Nos estamos creando clons de laboratorio, modelos animais, anticorpos monoclonais” Versión completa da conversa con Luis Martínez Sobrido. O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus