Efervesciencia
Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:58:17
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rapazas galegas cren en si mesmas e nas súas capacidades cara facer ciencia máis que a sociedade en conxunto. Da man de Joana Magalhães conversamos con Marta Veiga (xestora de Xuvenciencia) e Laiala Al-Soufi, doutoranda en neurociencia e analista deste estudo. (34:39) Como anticipo do XIV Congreso Estatal de Astronomía que se organizará na Coruña en 2021 anúnciase a entrevista en Youtube da astrónoma galega Ana Ulla á súa colega Jocelynn Bell. A astrofísica norirlandesa xa forma parte dos grandes persoeiros da historia da astronomía. (39:25) Dani Pizarro tráenos unha crítica da versión en banda deseñada do “Sapiens” de