Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes

    28/03/2021 Duración: 56min

    [2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”. [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo rurALLURE H2020 de promoción dos museos rurais na contorna das rutas europeas de peregrinaxe. www.efervesciencia.org

  • Unha arma biolóxica na despensa. A historia das latas [Ciencia para andar por casa con @dabelbi]

    28/03/2021 Duración: 07min

    Unha lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas.

  • Efer 551 (18-3-21): Un caldeireiro e unha sismóloga estelar: Obxectivo cazar exoplanetas

    28/03/2021 Duración: 55min

    [3:15] Un lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas. [11:28] A astrosismóloga estelar galega Cristina Rodríguez López é investigadora do Instituto Astrofísico de Andalucia-CSIC, e forma parte do equipo que ven de descubrir un planeta en torno a estrela anana vermella Gliese 486, a 26 anos luz da terra. Segundo publican en Science, é posible que o planeta Gliese 486b presente atmosfera e poida ser analizada en breve. [40:03] Borja Tosar preséntanos a Ramón Naves, un astrónomo amador de alto nivel. Profesionalmente é caldeireiro, pero polas noites desenvolve con meticulosidade a súa afección de astrónomo. Desde o faiado da súa casa ten detectado tránsitos de exoplanetas sobre as súas estrelas. Algunhas das dúas observación teñen acabado como contribución en publicación académicas.

  • Discriminación de nais investigadoras: "Necesitamos unha lei galega" [Versión estendida con De la Fuente e Gago]

    21/03/2021 Duración: 28min

    [Versión estendida] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia.

  • A descoñecida orixe da sida: África en 1908 [Historias de virus]

    21/03/2021 Duración: 16min

    Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.

  • Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai?

    21/03/2021 Duración: 55min

    [2:37] Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. [18:23] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia. [39:02] Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse

  • Efer 549 (4-3-21): Monográfico Perseverance con Fernando Abilleira e Jesús Martínez Frías

    14/03/2021 Duración: 01h03min

    Monográfico Perseverance coa colaboración de Borja Tosar. Versión estendida coas entrevistas completas [2:52] Fernando Abilleira é o director de deseño e operación, e subdirector de voo da misión Mars 2020 de Perseverance. Da man deste enxeñeiro do JPL-Nasa de ascendencia galega coñecemos polo miúdo os desafíos técnicos desta misión que vai pescuda indicios de vida pasada no planeta vermello. [33:55] Narración dos 7 minutos de terror da man de Borja Tosar e César Goldi [36:09] Conversamos sobre a xeoloxía e astrobioloxía marciana con Jesús Martínez Frías. Frías é investigador científico do Instituto de Xeociencias IGEO (CSIC-UCM). O seu equipo leva 7 anos traballando en Perseverance.

  • Os videos trola "deep fake" [Algoritmo poeta]

    09/03/2021 Duración: 22min

    Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan pola outra banda os algoritmos que os crean.

  • Efer 548 (25-2-21): O exoesqueleto virtual para a industria 4.0 creado en Galicia

    09/03/2021 Duración: 59min

    [0:58] Día de Rosalía [6:32] Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan os algoritmos que os crean. [29:06] A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Arjerey, preséntanos a III convocatoria do programa IGNICIA que apoia as grupos de investigación galegos para que poidan facer chegar ao mercado as súas innovación. [42:12] Felipe Gil Castiñeira, investigador en AtlanTic da Universidade de Vigo, foi un dos creadores da spin-off Áncora que proporciona tecnoloxía de computación ubicua para a industria de 4.0. Áncora participou na primeira edición do programa IGNICIA do GAIN, e actualmente vén de gañar varias roldas de financiamento para sacar o seu produto ao mercado.

  • A doenza da fita amarela [Historias de virus]

    09/03/2021 Duración: 09min

    Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid.

  • Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables

    08/03/2021 Duración: 56min

    [3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid.

  • Pescuda de novas partículas no LHC. Entrevista completa con Xabier Cid.

    07/03/2021 Duración: 36min

    En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.

  • Polarización, redes e evolución pandémica

    07/03/2021 Duración: 16min

    Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.

  • Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?

    07/03/2021 Duración: 57min

    (4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura. (37:51) Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas.

  • Neurociencia, microbiota, covid persistente... Entrevista completa con @svillapol

    06/03/2021 Duración: 34min

    [Versión estendida] Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan secuelas logo da fase aguda da enfermidade.

  • Como se fixo o ensaio preclínico da aplidina, con Adolfo García Sastre [Versión estendida]

    06/03/2021 Duración: 20min

    [Versión estendida] O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos.

  • Ler en exteriores aumenta o contraste con José Manuel Alonso [Versión estendida]

    06/03/2021 Duración: 16min

    [Versión estendida] Non é mesmo ler en branco sobre negro que negro sobre branco. Nen tampuco é o mesmo contraste en exteriores que en interiores. Versión estendida da nosa conversa con @JoseMan95367332

  • Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol

    01/03/2021 Duración: 57min

    Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos. (19:14) Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan

  • Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño

    17/02/2021 Duración: 58min

    (1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo. (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle, Juan Manuel López Nicolás e Dolores Romano. (32:05) No espazo dedicado ao GAIN (Axencia Galega de Innovación) Luisa Boquete explícanos o programa de axudas para fomentar a participación dos axentes galegos do sistema de I+D nas convocatorias europeas Horizonte 2020. Unha modalidade desta iniciativa permite rescatar proxectos galegos que conseguiron un selo de excelencia da EU pero que quedaron sen financiamento. (39:24) Un exemplo desta repesca das axudas europeas é a spin-off I-Grape Laboratory. Juan Verdes explícanos como valorizan os restos do bagazo da uva albariña para extraer os compoñentes antisépticos e antio

  • Carolina Moreno: "Detectamos que o público demanda humildade aos comunicadores de ciencia" [CONCISE Versión estendida]

    14/02/2021 Duración: 45min

    [Versión estendida] O proxecto CONCISE H2020 estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias. Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows

página 12 de 43