Efervesciencia

Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol

Informações:

Sinopsis

Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos. (19:14) Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan