Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas
02/08/2021 Duración: 56min(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación. (18:45) Unha das últimas portadas de Nature ilustra a creación dun revolucionario repetidor cuántico desenvolvido no Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona. Este traballa forma parte da tese de doutoramento de Darío Lago, @osondasideas, que nos explica en detalle como se levou a cabo o experimento. (44:10) O programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN) permite reter e captar talento investigador. Tanto de investigadores que teñen obtido proxectos do Consello Europeo de Investigación (ER
-
Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol
01/08/2021 Duración: 56min(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das preguntas sobre as que pesquisa o noso convidado. (44:03) Acompañamos a Jenifer Espadasín, Berta Rial e Ana Bouzas do proxecto de divulgación da ciencia de datos “StatWars: O imperio dos datos” da rede Biostatnet a un sesión coa rapazada do IES de Sar en Santiago de Compostela. www.efervesciencia.org
-
Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación
01/08/2021 Duración: 57min(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller na antiga Grecia. www.efervesciencia.org
-
Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol
01/08/2021 Duración: 56min(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Sonia Villapol (Texas Médical Centre). www.efervesciencia.org
-
Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade
01/08/2021 Duración: 56min(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Científica de ECOBAS), Coral del Río (Investigadora da UVigo experta no estudo da desigualdade), Emma Iglesias (Investigadora da UDC, directora do departamento de Economía) e Amaia Palencia (investigadora de predoutoramento na UVigo, grupo Equalitas). www.efervesciencia.org
-
#MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor?
12/07/2021 Duración: 13min"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.
-
#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro)
12/07/2021 Duración: 10min"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.
-
Unha eclipse de sol para ver na escola e no traballo [Guía do ceo]
09/06/2021 Duración: 14minNa vindeira década teremos 6 eclipses de sol en Galicia, pero o do 10-6-21 será o único que coincida en horario escolar. Martín Pawley cóntanos todos os detalles. Folleto da Agrupación IO http://agrupacionio.com/gl/materiales-didacticos/
-
Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias
31/05/2021 Duración: 56min(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/ (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último deles o Premio Princesa de Girona de Investigación 2021. De la Fuente lidera o grupo “Machine Biology Group” da Universidade de Pensilvania onde emprega os ordenadores para desenvolver péptidos con capacidade antibiótica mellorando os que existen na natureza ou evolucionándoos “en silicio”. As liñas de investigación de César de la Funte están na vangarda da loita contra as bacterias resistentes aos antibióticos. O seu grupo tamén está desenvolvendo test rápidos, eficaces e baratos de producir para a covid. (39:35) Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo Cé
-
Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África
25/05/2021 Duración: 58min(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres participa no programa Oportunius de retención de talento investigador do GAIN (Axencia Galega de Innovación). (22:13) Os 93 anos finou o catedrático emérito de Historia da Universidade de Sevilla José Luis Comellas. Este ferrolán foi todo un mestre para a comunidade de astrónomos afeccionados en España. Especialmente pola publicación da súa “Guía del Firmamento”. Conversamos co seu sobriño-neto Eduardo Díaz Comellas e co astrónomo Borja Tosar. (38:23) “Cultivando na auga: tradición e innovación” é un documental que recol
-
As cebras "avatar" de Pelayo
13/05/2021 Duración: 20minPelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras--
-
Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia
13/05/2021 Duración: 55min(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que trabal
-
"Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi
11/05/2021 Duración: 35min[Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.
-
Habitantes microscópicos dos nosos fogares con @debelbi [Ciencia para andar por casa]
10/05/2021 Duración: 10minHabitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.
-
Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?
10/05/2021 Duración: 58min(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa. (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns. (42:43) A que sabe L
-
Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]
06/05/2021 Duración: 44min[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.
-
Identificar paxaros de oído ou con aplicación [Paxaros na cabeza]
06/05/2021 Duración: 13minO noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.
-
Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?
06/05/2021 Duración: 56min(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta. www.efervesciencia.org
-
Guía do ceo de primavera 2021 partindo de cero
04/04/2021 Duración: 19minSe queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://tinyurl.com/guiaceoprimavera21
-
Efer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia
03/04/2021 Duración: 56min(3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir (22:14) Recentemente apareceron titulares na prensa salientando o “estudo definitivo” da singularidade xenética do vascos. Sen contexto estás informacións levan a equívocos e falsos estereotipos. O artigo científico en cuestión foi publicado en Current Biology e o seu primeiro autor é o xenetista galego André Flores Bello, investigador de postdoutoremento no Instituo de Bioloxía Evolutiva CISC-UPF. O último asinante do paper é o investigador do mesmo centro David Comas. Con eles dous e coa nosa colaboradora Marta Vila debullamos o que ten de diferente n