Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón
06/01/2022 Duración: 57min(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila. (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia... Todos estes elementos forman parte da aventura que uniu á José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, a Fátima García Doval, doutora en didáctica e innovación, e a Juan Carlos Asensi, arquitecto docente. A misión: determinar se o chamado astronógrafo de Navalón era unha invención ou unha pequena marabilla en forma de planetario táctil. www.efervesciencia.org
-
Ciencia cidadá contra os malos cheiros ambientais [Muller e Ciencia]
05/01/2022 Duración: 16minNon estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. Sección “Muller e Ciencia” con Joana Magalhães.
-
Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo
05/01/2022 Duración: 56min(2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. (19:39) O grupo de Patoloxía Muscoloesquelética do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) vén de publicar en British Journal of Pharmacology os resultados do proxecto "Stop Artrose". "Stop Artrose" foi un proxecto de micromecenado en Precipita.es para conseguir fondos para rematar unha investigación de reposicionamento de fármacos contra a artrose. Dous anos despois de solicitar a colaboración da cidadanía na súa investigación os membros do grupo de Patoloxía Musculoesquelética dan conta á sociedade explicando como foi o proceso que lles levou a identificar un antidepresivo como tratamento contra a artrose e a gora. Desde o
-
Efer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigo
21/11/2021 Duración: 57minPrograma con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte. (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro www.efervesciencia.org
-
Gatos contra febre de Lassa, un experimento "naif" do CDC [Historias de Virus]
17/11/2021 Duración: 15minHistorias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa.
-
As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza]
17/11/2021 Duración: 10minAs paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América. https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1
-
Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2
16/11/2021 Duración: 57minEfer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa. (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade e predición fiable do quentamento global” Debúllanos o que hai tras este nobel Juan Antoni Añel, profesor titular de Ciencias da Terra na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Hai poucos meses Añel asinou cos seus colegas do grupo EphysLab en Environmental Research Letters un estudo altamente citado sobre a contracción da estratosfera polo incremento dos gases de efecto invernadoiro (44:59) As paisaxes
-
A primeira guerra biolóxica foi coa varíola [Historias de virus]
16/11/2021 Duración: 16minProbablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” á varíola.
-
Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía
27/10/2021 Duración: 57minMonográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021. (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria). (18:02) Cos afeccionados Mónica Veiga e Pablo Martínez Alemparte. (23:39) A exploración espacial da ESA con Michael Küppers (Coordinador de Estudos de Misións Cosmic Vision, ESA), Alejandro Cardesín (Coordinador da Comunidade Española de CienciasPlanetarias e Exploración do Sistema Solar, misión Mars Express e ExoMars ESA) e Eva Villaver (Centro de Astrobioloxía CAB, INTA-CSIC). (39:38) Redibuxar as contelacións para devolverlle o seu significado con Ana Huertas e Fernándo Jáuregui. (43:53) A industria da ciencia con Pedro Duque.
-
Van desaparecer as gaivotas?
25/10/2021 Duración: 13minEn dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.
-
Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos
18/10/2021 Duración: 57min(3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley. (17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de presión e temperatura, e por iso coñece persoalmente aos galardoados David Julius e Ardem Patapoutian. Cando Patapoutian chegou emigrado a Estados Unidos desde o Líbano tivo que sobrevir facendo horóscopos en Armenio. (45:35) Lembramos a Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae, tristemente finado da man do director dos Museos Científicos Coruñeses Marcos Pérez. www.efefvesciencia.org
-
Efer 570 (29-9-21): Ardora
15/10/2021 Duración: 59min(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos. (38:52) A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http
-
Chamamento para salvar a noite [Guía do Ceo]
30/09/2021 Duración: 59minA comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/
-
Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado
25/09/2021 Duración: 54minPrograma especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM). E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo da man respectivamente de José Costoya, Cristina Naya, Mª Isabel Doval, Juan Picos, Anne Gosset e Mercedes Novo. www.efervesciencia.org www.gnight.gal
-
Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca
07/08/2021 Duración: 35min[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros. https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021
-
Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb
07/08/2021 Duración: 58min(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da exposición “Galicia Futura”. No seu deseño participou Alberto Montiel (FrutoDS). María José Mariño cóntanos a novidade da convocatoria “Deseña PEME” da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (32:40) Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estrel
-
Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.
06/08/2021 Duración: 58minA semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de microbioloxía da USC do grupo de microbioloxía en acuicultura) (2:03), Pío González (Catedrático de física aplicada da Universidade de Vigo) (9:31) e Esteban Vázquez (Alice Biometrics) (32:43). "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza
-
Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia
02/08/2021 Duración: 01h01minAo fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez Arca (Celtarys), Manuel Lolo (Ams Labs) e Juan Buela (Sun Rock Biopharma) www.efervesciencia.org
-
Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC
02/08/2021 Duración: 57min(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses. (34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respondendo a cuestión de se se pode predicir a primeira regra. www.efervesciencia.org
-
Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54
02/08/2021 Duración: 57min(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena Rilo da UdC e con Saba González que coordina BMS en Galicia. www.efervesciencia.org