Efervesciencia
Efer 570 (29-9-21): Ardora
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:59:35
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos. (38:52) A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http