Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • A invisible descubridora dos gases invernadoiro

    04/03/2022 Duración: 13min

    Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro. Ilustración da miniatura Laura Romero (IG: @laurandcolours)

  • Conecta Covid: I+D+i galego fronte a pandemia [Gain]

    04/03/2022 Duración: 03min

    No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec que analizamos na nosa entrevista central aquí https://go.ivoox.com/rf/83090453

  • A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec

    04/03/2022 Duración: 26min

    Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.

  • Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!

    03/03/2022 Duración: 59min

    (3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual. (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. (14:39) Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo

  • O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu

    23/02/2022 Duración: 24min

    Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.

  • Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía

    23/02/2022 Duración: 59min

    (2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia. (26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En "Christiane, o bio-musical científico" Belén Pasqualine homenaxea coa única axuda da súa voz e o seu piano á súa avoa. Na conmemoración do 11 de Febreiro o IGFAE, CIQUS e CIMUS programaron esta obra no Gaiás. (40:00) A nosa Rosalía deixou escrito "Ou ti!, roxa estrela que din que comigo naciche, poideras por sempre apagarte, xa que non pudeche por sempre alumarme...! Foi unha licenza literaria, unha referencia astrolóxica ou en verdade estaba a pasar algo singular nos ceos nesa época? Xabier Pérez Couto @astroxabi, e Martin Pawleiy @pauley invest

  • Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e invisibles da ciencia en Galicia

    10/02/2022 Duración: 58min

    (3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre "Pioneiras da Ciencia en Galicia" e "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago", ambos libros editados por Galaxia. (45:14) A nosa colaboradora Joana Magalhaes xunto coa investigadora do grupo Nanotoxgen da UDC Vanessa Valdiglesias asinan un estudo de AMIT-Galicia sobre a presenza feminina na Real Academia Galega de Ciencias.

  • A promo da tempada 15

    06/02/2022 Duración: 28s

    Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"

  • Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida

    06/02/2022 Duración: 21min

    En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @astroxabi estrease co seu itinerario para observar os ceos de inverno.

  • Efer 584 (2-2-22): “O universo é un panettone”. Cosmoloxía con Antón Baleato

    03/02/2022 Duración: 01h04min

    [Versión estendida] (3:28) Desde os soportais da Casa das Ciencias conversamos co novo cosmólogo coruñés Antón Baleato e con Martin Pawley. Baleato esta a facer o seu postdoutoramento no Berkeley Center for Cosmological Physics. Con el coñecemos a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo. (42:12) Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida

  • Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise

    26/01/2022 Duración: 57min

    (14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica. (4:18) Por que ao estar coa regra entran ganas de comer trapalladas coma unha lima? Mito ou realidade? Nolo conta Laura Veiga @PingandoG na súa sección de divulgación sobre o ciclo menstrual. Envíanos as túas dúbidas. (0:40) e (39:00) O ano pasado o experimento muón g-2 do Laboratorio Nacional de Aceleradores Fermi, o FermiLAb, de Chicago fixo públicos os seus resultados da medida do momento magnético do muón. O resultado non cadra cos cálculos consensuado

  • Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)

    25/01/2022 Duración: 57min

    No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago. Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e coordinador da área de investigación en tuberculose no "Centro de Investigação em Saúde" de Manhiça en Mozambique. www.efervesciencia.org

  • Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1)

    25/01/2022 Duración: 56min

    Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano. O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science. www.efervesciencia.org

  • Os Camiños da Innovación [Gain]

    24/01/2022 Duración: 20min

    Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexillón.

  • Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo

    23/01/2022 Duración: 56min

    Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver. A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XXIV Congreso Estatal de Astronomía. As voces da dramatización sonora corresponden a Victoria Pérez e César Goldi. www.efervesciencia.org

  • Efer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba

    18/01/2022 Duración: 58min

    (2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explícannos como funcionan os reloxos moleculares, e mesmo os atrancos que tiveron que superar á hora de publicar esta investigación. (24:19) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza (45:36). O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexilón. www

  • Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

    17/01/2022 Duración: 59min

    (3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensado para detectar precozmente e tratar adicións en adolescentes, tanto adicións con substancia como adicións sen substancia (xogo on-line, videoxogos e consumo problemático de internet). Ao fío das adicións nos adolescentes facemos un faladoiro con Belén Montesa (psicóloga experta en adicións), Fernando Lacaci (presidente da Confederación de ANPAS galegas) e Sabela Rodríguez García (Orientadora do IES A Cachada de Boir

  • "Os océanos teñen voz" relato gañador Inspiraciencia mocidade

    17/01/2022 Duración: 10min

    Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador na categoría de mozos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña

  • "Lúa Negra", relato gañador de Inspiraciencia adultos

    17/01/2022 Duración: 13min

    Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.

  • Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento

    17/01/2022 Duración: 57min

    (2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego. (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vangarda mundial en investigación sobre envellecemento. Tamén falamos con María Abad (VHIO), Joaquin Aribas (VHIO), Ramón Martínez (UV) e Ignacio Palmero (UAM). www.efervesciencia.org

página 9 de 43