Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 597 (18-5-22): Un paseo polas Azores: o segredo dos lagos volcánicos

    24/05/2022 Duración: 57min

    Asistimos a congreso da rede de comunicación da ciencia de Portugal, SciCom Pt, desde a illa de San Miguel na Azores. Conversamos con Vera Novais (2:17), Frank Kupper (8:36), Cristina Luis (9:46), Azucena de la Cruz (42:24), Elizabeth Rasekoala (48:00) e Catia Rodrigues (49:58). Aproveitamos para pasear pola illa de San Miguel co investigador galego en paleobotánica da Universidade de Ponta Delgada Martin Souto. Os sedimentos dos lagos volcánicos das Azores agochan un segredo histórico.

  • A polio, preto dunha victora global [Historias de Virus]

    24/05/2022 Duración: 12min

    Historias de virus: Habelos hainos. A polio. Con César Muñoz Fontela. Xa non lle temos medo as piscinas de verán e os pulmóns de aceiro porque estamos a un paso de erradicar a polio.

  • Efer 596 (11-5-22): Economía Circular desde a Galiciencia

    24/05/2022 Duración: 56min

    Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío Novoneyra), Ana Piñeiro (Colexio Eduardo Pondal de Cangas) e o noso virólogo de cabeceira César Muñoz Fontela.

  • Primeiro concurso de monólogos científicos en galego

    23/05/2022 Duración: 11min

    Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos.

  • Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes

    15/05/2022 Duración: 55min

    (2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler. (42:41) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

  • Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais?

    15/05/2022 Duración: 55min

    (2:31) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es (29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo. No ano 2017 descubrimos que estamos expostos a unha nova tipoloxía de lumes altamente destrutivos. O cambio climático e nosa ordenación territorial son a causa de que esteamos en alto risco de sufrir estes megalumes. Non sabemos cando ha de ser, pero debemos de estar preparados.

  • Todo sobre a vindeira eclipse total de lúa con @astroxabi

    14/05/2022 Duración: 11min

    @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

  • Como escribir un relato de inspiración científica para @inspiraciencia

    19/04/2022 Duración: 31min

    [Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es

  • Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos".

    15/04/2022 Duración: 01h03min

    [Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo "De lugares e órganos".

  • Bici, cidadanía e trasporte sostible. Asemblea ConBici

    15/04/2022 Duración: 17min

    Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.

  • Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza

    15/04/2022 Duración: 56min

    (2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial). (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant financiado polo Consello Europeo de Investigación de nanoestructuras peptídicas inspiradas na bioloxía.

  • Nunha estrela moi lonxana con Antón Baleato

    10/04/2022 Duración: 13min

    Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.

  • Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora

    10/04/2022 Duración: 54min

    (2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O sorprendente é que o equipo da Dr. Mora ten atopado xenes de resistencia aos antibióticos mesmo en fauna salvaxe, como por exemplo poden ser os xabarís. (42:37) Sabemos que as aves utilizan o campo magnético terrestre para se orientar. Pero unha cuestión aberta durante décadas e onde reside e como funciona este sentido de magnetosensibilidade. Unha das hipóteses enriba da mesa é a existencia no ollo dos paxaros

  • Desde a covid ata a xeopolítica: O poder das redes complexas co cubano-galego Ernesto Estrada [Versión estendida]

    02/04/2022 Duración: 43min

    [Versión estendida a partir do minuto 24:27] Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas.

  • Guía do Ceo da primavera do 22

    25/03/2022 Duración: 17min

    Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org

  • Efer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra

    25/03/2022 Duración: 58min

    (2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas. (40:54) Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o

  • Efer 589 (17-3-22): Fernando Fraga: O océano na cabeza

    16/03/2022 Duración: 55min

    Imos sacar do anonimato a un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz...

  • Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba!

    11/03/2022 Duración: 55min

    (2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. (14:01): Borja Tosar nunha nova postal planetaria analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix "Non mires arriba!". Unha boa escusa para falar de asteroides, defensa planetaria, as iniciativas que temos en Galicia de detección de meteoros, minería espacial,... (37:50) Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María

  • "A guerra cancelou o noso estudo clínico", Óscar Mesa de Qualitecfarma

    11/03/2022 Duración: 11min

    Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.

  • A rabia [Historias de Virus]

    11/03/2022 Duración: 16min

    Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María García González que gañou o concurso Ciencia que Conta na modalidade de bacharelato en 2012. Contamos coas voces dos nosos compañeiros Kiko Novoa, Amelia García Hevella e Anxo Quintela.

página 8 de 43