Efervesciencia
Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:54:46
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O sorprendente é que o equipo da Dr. Mora ten atopado xenes de resistencia aos antibióticos mesmo en fauna salvaxe, como por exemplo poden ser os xabarís. (42:37) Sabemos que as aves utilizan o campo magnético terrestre para se orientar. Pero unha cuestión aberta durante décadas e onde reside e como funciona este sentido de magnetosensibilidade. Unha das hipóteses enriba da mesa é a existencia no ollo dos paxaros