Efervesciencia
Efer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:58:59
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas. (40:54) Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o