Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Novos socios do Polo Aeroespacial galego [GAIN]
01/12/2022 Duración: 11minPatricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novidades da Iniciativa Civil de Vehículos non Tripulados de GAIN: a incorporación de Airbus, Telespazio e Babcock, a 4º edición da Business Factory Aero e a traxectoria da compra pública innovadora desde o Polo Aeroespacial Galego.
-
Bonos de Innovación e Innovapeme. O caso de Bioprana [GAIN]
01/12/2022 Duración: 16minCoñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícula conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D).
-
Relato Inspiraciencia: A ribeira do mexillón
22/11/2022 Duración: 21minCoa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.
-
Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan
13/11/2022 Duración: 59minA vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas. (3:24) Con María Paz Sánchez Seco (xefa do laboratorio de Arbovirus e Enfermidades víricas importadas no Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III) coñecemos a febre hemorráxica Crimea-Congo que poden transmitir as carrachas. (19:15) Con Miguel Ángel Jiménez Clavero @Virusemergentes (Virólogo e profesor de investigación no CISA- INIA) conversamos sobre o virus West Nile. (33:35) Todo co que sempre quixeches saber sobre os fósiles con Pedro Piñeiro. (39:44) Acabamos con Adolfo García Sastre (Director del Instituto de Salud Global y Patógeno
-
Efer 607 (26-10-22): Unha noite magnética no CINBIO
28/10/2022 Duración: 55minPrograma monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación). Andrea Muras convídanos a asistir á final de monólogos cientificos "Ciencia Calidade" en Lugo.
-
Sorteo de "La lira desafinada de Pitágoras"
12/10/2022 Duración: 02minSorteamos un exemplar de "La lira desafinada de Pitágoras" entre os chíos de twitter que nos propuxeron músicas relacionadas coa ciencia.
-
A lira desafinada de Pitágoras con @puratura
07/10/2022 Duración: 34minDesde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia.
-
Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa
06/10/2022 Duración: 58min(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial. (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia. (48:20) O pasado venres o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC celebrou a *Ocean Night* cun concerto do músico Abraham Cupeiro no auditorio Afundación de Vigo ao fío do proxecto "Neuston III". Cóntannos a experiencia o propio Cupeiro e Pepe Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do IIM-CSIC.
-
Efer 605 (20-7-22): De paseo xeolóxico con Fran Canosa
21/08/2022 Duración: 57min(1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia](https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/) Repasamos as accións desenvolvidas este curso pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo da man da súa codirecora e Vicerreitora de Comunicación Mónica Valderrama (40:23) Andrea Muras e Eva Cabanelas fannos un recordatorio do Concurso de Monólogos Científicos en Galego "Ciencia Calidade”(49:31)
-
A orixe da varíola do mono [Historias de virus]
21/08/2022 Duración: 09minO virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” ás orixes da varíola do mono.
-
Efer 604 (13-07-22): 772,55 no epitafio de Joule
21/08/2022 Duración: 56min(2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro. (24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono. (32:59) Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.
-
Efer 603 (06-07-22): Poesía, herbas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía [Versión estendida]
20/08/2022 Duración: 01h09min[Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa](https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley. Tamén nos acompañaron varios membros da [Asociación Andaina Pro-Saúde Mental](https://www.andainapsm.org/). María López Sández recibiunos en nome da Casa Rosalía e presentounos o "Herbario de Rosalía de Castro" do que é autora xunto con Mabel Fraga e Miguel Fraga. A actriz Cris Collazo puxo voz a varios poemas de Rosalía baixo as composicións orixinais de piano interpretadas por Juanjo Fernández. Conversamos coa astrofísica do ESAC Sandra Benítez Herrera sobre o papel da favorable que pode ter a astronomía na saúde mental. Rosseta Martorell é a secretaria da "Asociación Astronómica y educativa de Canarias Hentietta Leavi
-
Guía do ceo de verán 22 con @astroxabi
26/07/2022 Duración: 21minGuía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.
-
Efer 602 (29-6-22): Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica
26/07/2022 Duración: 56minPercorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Mamalnet en Ciudad Real con José Antonio Blanco (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos-CSIC-UCLM), "Observatorio Ciudadano de la Sequía" en Sevilla con Pilar Paneque (Universidad Pablo Olavide), Xente de 100cia en Cambre con José Viñas (IES David Buján), "Cities at Night" en Madrid con Alejandro Sánchez de Miguel (UCM e University of Exeter), Gelavista en Lisboa con Antonina Santos (Instituto Português do Mar e da Atmosfera) e Vacaloura.pt en Oporto con João Gonçalo Soutinho. Newsera é un proxecto financiado pola UE para estudar o potencial da ciencia cidadá para comunicar mellor a ciencia. A nosa anfitrioa neste percorrido foi Joana Magalhães.
-
Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC
26/07/2022 Duración: 55minPrograma monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e Joaquín Cubiela responsable de oncoloxía dixestiva no CHOU. (19:57) Teresa Abuín gañou o premio Celia Brañas da RAGC pola reportaxe “Costa Inundable” emitida no programa “Vivir aquí” da TVG. (28:15) Eddy Sotelo investigador na Facultade de Farmacia da USC cóntanos en que consiste o proxecto “Ligandos fluorescentes como alternativa al uso de la radioactividad en la industria farmacéutica” que gañou o premio “Fernando Calvet Prats”. (42:49) O catedrático de instituto xubilado Manuel Casalderrey recibiu o premio de Divulgación Científica 2022.
-
Efer 600 (8-6-22): Simular "Ice Age" nun ordenador
27/06/2022 Duración: 56min(2:18) Infiltrámonos no 12 congreso Micropol and EcoHazard sobre microcontaminantes e contaminantes emerxentes que se celebrou en Santiago de Compostela. Charlamos co anfitrión do congreso, o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil (Biogroup, CRETUS-USC), o doutorando Matías Rivadulla (CRETUS-USC) e a investigadora Williane Vieira Macêdo da Universidade de Aarhus (Dinamarca). (22:41) A película "Ice Age" amosa unha migración das especies motivada pola chegada dunha glaciación. O grupo de Bioxeografía do CRETUS-USC vén de deseñar unha ferramenta informática para predicir os efectos dos cambios globais sobre a biodiversidade biolóxica. Conversamos con Andrés Basega. (44:28) A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Patricia Argerey preséntanos o programa Consolida-Bio.
-
Efer 599 (1-6-22): María Martinón e o Homo imperfectus
13/06/2022 Duración: 55min(3:03) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre bruxismo e as regras dolorosas. (14:38) Aproveitamos a presenza de María Martinón (paleoantropóloga, directora do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana) nas XV Xornadas de Arqueoloxía do Barbanza para falar do seu libro Homo Imperfectus , ¿Por qué seguimos enfermado a pesar de la evolución? (45:22) María Silva Gago é investigadora en arqueoloxía cognitiva no CNIEH de Burgos onde está a rematar a súa tese de doutoramento. Ven de igual xeito uns bifaces os arqueólogos profesionais que os leigos? www.efervesciencia.org
-
A foto de Seteiro A* con Raquel Fraga [Versión estendida]
29/05/2022 Duración: 39min[Versión estendida] Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia.
-
As mil imaxes trola do coronavirus
29/05/2022 Duración: 17minUnha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual.
-
Efer 598 (25-5-22): A fotógrafa de Seteiro A*
29/05/2022 Duración: 55min(2:14) Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual. (15:28) Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia. (39:20) Borja Tosar debúllanos na súa Postal Planetaria a misión Artemisa da Nasa que en breve ha poñer unha astronauta na lúa. www.efervesciencia.org