Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Ver os sinais de tráfico pola noite, os retrorreflectores [Ciencia para andar por casa]
20/03/2023 Duración: 07minPodemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa
-
Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu
19/03/2023 Duración: 55min(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa (9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo". Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiology é Lluis Montoli (CNB-CSIC) con quen falamos. (37:26) Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
-
A sorpresa arqueolóxica da Muradella
19/03/2023 Duración: 19minNo alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica. A imaxe da carátula é unha infografía de María Álvarez Fernández e Carlos Otero Vilariño.
-
Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon
18/03/2023 Duración: 56min(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro. (33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun "cairn" do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
-
Tres monólogos de ciencia en galego: Ciencia Calidade
12/03/2023 Duración: 18minCoñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David Garcíau Dios.
-
Relato inspiraciencia: O derradeiro canto
11/03/2023 Duración: 06minDramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.
-
Mapas visuais no cerebro
11/03/2023 Duración: 18minO equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos
-
Paisaxes sonoras para a saúde mental [Paxaros na cabeza]
11/03/2023 Duración: 10minAs paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
-
Guía do ceo de inverno 23 con @astroxabi
05/03/2023 Duración: 16minGuía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
-
Efer 617 (01-01-23): Vacinas contra o virus respiratorio sincitial e outros achados do ano [Efer Piano Bar 2]
02/01/2023 Duración: 57minPrograma especial de primeiro día do ano 2023 onde continuamos a contar e contar a mellor ciencia de 2022. Edición efervescente realizada con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. O xefe de Pediatria do CHUS, Federico Martinón, debullounos un dos achados do ano, as novas vacinas contra o virus respiratorio sincitial.
-
Efer 616 (31-12-22): O "Golden-eye", o campión do ano [Efer Piano Bar 1]
02/01/2023 Duración: 56minPrograma especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.
-
Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina
02/01/2023 Duración: 56min(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra. (23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde (35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David García Dios. www.efervesciencia.org
-
Efer 614 (25-12-22): Comportamento do can de palleiro
02/01/2023 Duración: 58min(1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022. (10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo. Con ela conversamos sobre o comportamento do can de palleiro, os trastornos de déficit de atención en cans, ansiedade por separación ... (30:29) No faladoiro "O algoritmo poeta" coas nosas colaboradoras Susana Ladra e Leonor Parcero analizamos o ChatGPT 3
-
Efer 613 (24-12-22): O ceo de Afaganistán brilla en Sobrado
24/12/2022 Duración: 57min(2:53) A arqueoastrónoma do INCIPIT-CSIC Andrea Ródriguez Antón estudou a orientación das cidades romanas na penísula ibérica en relación a fenómenos astronómicos. Tamén conversamos con ela sobre o proxecto de Amanar de divulgación astronómica cos refuxados saharauís. (29:51) Maite Vence é especialista en Turismo Científico. Inauguramos sección na que coñeceremos diferentes rutas Observer. A primeira de elas, a ruta da camelia. (36:47) Zora é avogada. Naceu en Afganistán. Agora vive en Sobrado coa súa familia acollida pola Asociación de Mulleres Rurais A Maristela. Xunto con Ángeles Sánchez, presidenta da Maritela, coñecemos como se teceu esta rede de acollida e solidariedade. Actualmente viven en Sobrado 4 familias afgás. Entre elas a de Elnaz, unha adolescente astrónoma amadora que chegou a Galicia grazas a implicación da comunidade astronómica.
-
Efer 612 (14-12-22): Analizar sintacticamente o Quixote en 10 segundos
24/12/2022 Duración: 58min(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. (12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar o acceso a esta tecnoloxía o grupo de Gómez creou un algoritmo que é quen de analizar sintacticamente todo o Quixote en 10 segundos. (38:56) O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos.
-
Guía do ceo de outono 22 con @astroxabi
24/12/2022 Duración: 13minGuía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
-
Efer 611 (30-11-22): Arqueoloxía na Antártida
24/12/2022 Duración: 55min(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto. (13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX. (36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta? (42:01) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novidades da Iniciativa Civil de Vehículos non Tripulados de GAIN: a incorporación de Airbus, Telespazio e Babcock, a 4º edición da Business Factory Aero e a traxectoria da compra pública innovadora desde o Polo Aeroespacial Galego.
-
Efer 610 (23-11-22): Uns Prismas inclusivos. Faladoiro con @pandereteiro @luiszurano @pampanilla @ElenaSanz_ @maberalv
24/12/2022 Duración: 56min(2:09) O nobel de química 2019 polo desenvolvemento das baterías de ión litio estivo en Santiago convidado polo programa Conciencia. (6:57) Os premios Prismas 2022 dos Museos Científicos Coruñeses tiveron nesta edición un marcado carácter de inclusividade. Argallamos un faladoirio con Marcos Pérez (director dos Museos Científicos Coruñeses e secretaria do xurado), Pampa García Molina (presidenta do xurado e directora de Science Media Centre España), Ángela Bernardo (autora de Acoso, Prisma ao mellor libro editado), Luis Zurano (Prima ao mellor proxecto singular) e Elena Sanz (autora de "La Ciencia del chup chup", mención de honor en mellor libro editado)
-
Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións
08/12/2022 Duración: 56min(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. (25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícola conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D). Os seus microorganismos eliminan cheiros e emisións dos xurros. (42:06) O noso virólogo César Muñoz Fontela coméntanos a aparición en Uganda dun gromo dun novo Ébola Virus. En "Historias de Virus" coñecemos a historia dun axente infeccioso que non é un microorganismo.
-
Previa Regueifa de Ciencia: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
01/12/2022 Duración: 05minVolven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta?