Efervesciencia
A sorpresa arqueolóxica da Muradella
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:19:17
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica. A imaxe da carátula é unha infografía de María Álvarez Fernández e Carlos Otero Vilariño.