Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida
19/07/2023 Duración: 54min(2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se algún día a atoparemos. (33:02) Conversamos sobre a perspectiva de xénero en biomedicina con Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Marta Macho, investigadora en matemáticas da Universidade do País Vasco e responsable do proxecto "Mujeres con Ciencia". www.efervesciencia.org
-
Efer 634 (17-5-23): Braganza
19/07/2023 Duración: 55min(1:58) Asistimos en Braganza ao congreso da Rede de Comunicación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (SciCom Pt). Conversamos con Ivone Fachada, Vera Novais, Mariana ALves, Pampa García Molina, Ana Sánchez, Antonio Grando, Luisa Masarani e Joana Magalhaes. (37:30) Paseamos por Braganza coa botánica Marisa Castro que vive desde hai anos en Tras-os-montes. Conversamos sobre a súa novela "A saga das curandeiras" e sobre plantas tóxicas, comestibles e curativas. www.efervesciencia.org
-
Efer 633 (10-5-23): Galiciencia 23
19/07/2023 Duración: 56min(0:01) e (50:03) Acudimos á nosa cita anual con Galiciencia, a maior feira científica de Galicia que organiza Tecnópole. Conversamos con Jesús Bande, Nieves Lorenzo, Lourdes González Sotelo, Ana PIñeiro Sotelo, Miguel Leiva, Vicente Mohedano, Javier Taibo e Sabela Bouzo. (40:39) Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Dom
-
Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores
19/07/2023 Duración: 56min(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiraciencia que convoca a delegación do CSIC en Cataluña. Estíbaliz Espinosa vai impartir obradoiros creativos para posibles participantes. (39:49) Presentamos aos participantes da Regueifa de Ciencia dedicada á legalización do cannabis. Coa participación de Manuel Isorna, Patricia Amiguet, Fernando Rodríguez de Fonseca e José Carlos Bouso. www.efervesciencia.org
-
Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos
19/07/2023 Duración: 55min(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org
-
Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio
19/07/2023 Duración: 56min(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial. (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio), Cristina Naya (docente de didáctica das matemáticas na UdC) e Julio Rodríguez Taboada (AGAPEMA). (41:54) Faladoiro sobre a intelixencia artificial con Susana Ladra e Leonor Parcero na nosa sección "O algoritmo poeta". www.efervesciencia.org
-
Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica
19/07/2023 Duración: 56min(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos. (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada. (38:46) Un comentario en Nature Astronomy fai un chamado para loitar con medidas drásticas contra a contaminación luminosa da luz artificial e os satélites de órbita baixa. Conversamos con dous dos seus autores, Raul Lima (investigador da Escola Superior de Saúde do Politécnico de Porto e do Instituto de Astrofísica e Ciencias do Espazo da Universidade de Coimbra) e o noso colaborador Martin Pawley.
-
Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución
25/06/2023 Duración: 54min(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de doutoramento data gaitas segundo o gastado que teñan os furados do punteiro. A esta conversa engadímoslle o profesor da facultade de medicina da USC e experto en xenética de poboacións, Antonio Salas. Salas ten lanzado o proxecto "Sensogenomics" para medir como muda a expresión de diferentes xenes coa exposición á música. www.efervesciencia.org
-
A que cheira o espazo? Con @EstibalizEs
25/06/2023 Duración: 24minIncorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
-
Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?
25/06/2023 Duración: 57min(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada. (32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
-
Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal
19/06/2023 Duración: 55min(4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC. (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos. (43:19) Rafael López Loureio preséntanos o Día do Naturalismo Galego in
-
Patricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida]
26/04/2023 Duración: 36min[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos. www.efervesciencia.org
-
Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego
23/04/2023 Duración: 58min(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investigadores mozos polos seus traballos en detección de desinformación sanitaria con ferramentas de AI. www.efervesciencia.org
-
Efer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais
09/04/2023 Duración: 55min(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución. (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento. (38:15) Ancora é unha Spin-off da Universidade de Vigo que axuda a transmitir a informacións aos traballadores das industrias 4.0. Foi seleccionada na lista Top 50 startups do mundo do 4YFN23 Awards. www.efervesciencia.org
-
Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos
06/04/2023 Duración: 55min(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias. (38:15) Tense parado o núcleo da terra? Segundo uns titulares alarmistas si. Borja Tosar desfai a confusión nunha nova Postal Planetaria. www.efervesciencia.org
-
Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena
06/04/2023 Duración: 57minAlgo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena. Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder estudar a traxectoria do bólido que orixinou o meteorito. Neste programa monográfico tamén contamos co noso estreleiro @astroxabi Xabier Pérez Couto; Jordi Llorca, catedrático de Química da Universitat Politécnica de Catalunya; e o noso pianista, Juanjo Fernández, que recreou a música que emitiu o bólido mentres ingresaba na atmosfera. www.efervesciencia.org
-
Biluricos e mazaricos [Paxaros na cabeza]
26/03/2023 Duración: 14minNacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.
-
Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica
26/03/2023 Duración: 01h42s(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia. (15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero necesitamos máis alfabetización mediática da sociedade. (36:48) Con Maite Vence percorremos as baterías militares de Ferrol. (42:39) "A foto 51" son unhas novas xornadas de divulgación científica organizadas polo Concello de Pontevedra que terán lugar o 11 de febreiro. Conversamos coa Concelleira de Cultura Carme Fouces
-
Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás
25/03/2023 Duración: 57min(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho". (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come. Conversamos con José Mª Ordovás, que dirixe o laboratorio de Nutrición e Xenómica da Universidade de Tuffs en Bostón. (42:07) Estíbaliz Espinosa edita o conto "O Universo de Dona Pega" do planetarista da Casa das Ciencias Juan Carlos Medal "Jaitos". O texto foi recollido por Borja Tosar.
-
Diversidade na ciencia con Inmaculada de Melo [Versión estendida]
20/03/2023 Duración: 31minInmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.