Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 653 (23-12-23): Centenarios e Dieta Atlántica

    02/01/2024 Duración: 55min

    (2:12) Un terzo dos habitantes da terra non teñen acceso a auga potable. Conversamos con Moisés Canle (UdC) e Silvio David Aguilar (Universidad Técnica Particular de Loja, Ecuador) do novo método innovador ASDIS, unha desinfección solar avanzada con fotocatalizador. (12:25) Nas provincias de Lugo e Ourense temos taxas de poboación centenarias das mais altas do mundo. Terán que ver coa Dieta Altlántica? Alberto Coelho e Pablo García Vivanco veñen de publicar un artigo de revisión que recompila as bases químicas dos efectos da Dieta Atlántica. (37:39) Dosi Veiga presentanos as fotos de Ceos Galego 2024.

  • Attoquímica con Fernando Martín [Versión estendida]

    02/01/2024 Duración: 35min

    [Versión estendida] Debullamos o nobel de física concedido á tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos e as portas que abre cara a attoquímica con Fernando Martín, catedrático da UAM.

  • Efer 652 (14-12-23): Novas superbaterías

    02/01/2024 Duración: 56min

    (2:13) A Bitacora do Beagle de Julio Rodríguez comeza cunha nota de suicidio que sinala a un asasino inusual, unha bacteria transmitida por carrapatas. (12:36) Israel Temprano é investigador Beatriz Galindo na UdC onde está a poñer en marcha o Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética. Con el falamos das novas xeracións de baterías. (35:08) Estíbaliz Espinosa guíanos nunha excursión polas estrelas vermellas do ceo, o cinema e a literatura.

  • Efer 651 (30-11-23): Eduardo Sáenz de Cabezón, @edusadeci, amor pola aprendizaxe

    02/01/2024 Duración: 55min

    (3:08) Achegámonos ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para conversar co matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón que vai pechar o congreso da Asociación de Ensinantes de Galicia ENCIGA (29:03) O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Benito Vázquez vén de gañar premio en ensino e divulgación da física da Real Sociedade Española de Física BBVA 2023. (42:57) Coñecemos o XXXVI Congreso da man de Inés García Seijo e Miguel Yebra.

  • Efer 650 (23-11-23): Prismas 23 e IgNobel para as anchoas de Bueu

    02/01/2024 Duración: 56min

    (2:49) Un ano máis argallamos un faladoiro "prismático" cos gañadores dos premios Primas á divulgación dos Museos Científicos Coruñeses. Contamos con Julio Bernues, Almudena Martín, Laura Farré, Eugenia Angulo, Javier Armentia, José Edelstein, Elena Lázaro y Rogelio Sánchez Verdasco. (40:26) Un estudo atopa que actividade sexual nocturna das anchoas en augas de Bueu remexe efizcamente a columna de auga. Este traballo gañou o premio Ig Nobel 2023 na categoría de física. Unha das autoras é Beatriz Gómez Carballido (CIM-UVigo).

  • Efer 649 (16-11-23): A mercé das redes

    02/01/2024 Duración: 01h05s

    (2:31) Lluis Montoliu (CNB-CIS) debúllanos a nova da creación nun laboratorio chinés de monos quiméricos que naceron de dous embrións distintos. (24:43) Borja Tosar envíanos un telegrama planetario con información sobre a misión Osiris. (30:13) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. Vén de publicar "A merced de las redes.”

  • Efer 648 (9-11-23): Choiva extrema

    02/01/2024 Duración: 59min

    (1:34) Os papamoscas holandeses amosan como poden responder as especies ós desaxustes do cambio climático. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla xunto coas predicións ornitolóxicas. (14:47) Damián Insua do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante explícanos como funcionan os ríos atmosféricos e as orixes das choivas extremas (41:07) Maite Vence lévanos de visita de turismo científico ás Pontes de García Rodríguez. (46:53) No espazo de GAIN, Sabela Pardo preséntanos o Programa Misións para apoiar grandes proxectos de I+D+i con potencial transformador sobre a economía e sociedade galegas.

  • Efer 647 (2-11-23): Estrelas desde Armenia

    02/01/2024 Duración: 54min

    (3:59) A directora da Casa das Ciencias na Coruña, Bibiana García Visos, fálanos do centenario dos planetarios de proxección electromecánica. (13:36) Aproveitamos a Guía do Ceo de outono co noso estreleiro Jabier Pérez Couto para coñecer a súa estadía de investigación no observatorio astronómico de Byurakan en Armenia. Tamén felicitamos á presidenta da Agrupación Astronómica IO, Denévola Álvarez, polo premio da Crítica. (49:29) No espazo de GAIN en Efervesciencia, Sabela Pardo, preséntanos o programa de impulso á participación galega en Europa.

  • Efer 646 (26-10-23): Marine Instruments, os satélites galegos dos océanos

    02/01/2024 Duración: 56min

    (2:48) Desde Porriño Marine Instruments monitoriza todos os océanos cunha constelación de boias para a pesca con seguemento por satélite. Visitamos as súas instalacións co alumnado da Universidade Laboral de A Coruña que participa no certame AntarticLab do CSIC. (29:25) Debullamos o nobel de física pola tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos con Fernando Martín, catedrático da UAM.

  • Efer 645 (19-10-23): Os primeiros poboadores de América

    02/01/2024 Duración: 55min

    (3:00) Laura Veiga fálanos do primeiro transplante en España dun útero funcional (13:23) O arqueólogo arxentino Gustavo Politis explícanos como 16.000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquistou rapidamente todo o continente americano de norte a sur. (44:34) Verónica Salgueiriño debúllanos o premio nobel de química outorgado aos puntos cuánticos. www.efervesciencia.org

  • Efer 644 (12-10-23): A comunidade cuántica galega

    02/01/2024 Duración: 55min

    A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA con Luis Orosa, Antón Rodríguez Otero e Rebeca Garcia Fandiño, ao Vigo Quantum Communication Center con Marcos Curty e Manuel Fernández Veiga, pasando polo Fujitsu International Quantum Center con Almudena Justo Martínez. Galicia ten moito que dicir en computación e comunicación cuántica.

  • Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X

    02/01/2024 Duración: 55min

    (3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que chegan ao que non ven os raios X. Pablo Cabanelas é un dos responsables de Neutron Insights. (49:40) No espazo de GAIN María José Mariño preséntanos a IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. www.efervesciencia.org

  • Efer 642 (12-7-23): Minerais, de Haüy á Ermeloíta

    02/01/2024 Duración: 54min

    (1:16) A portada de Nature desta semana chama a atención sobre a presenza de plásticos nas augas doces e arrecifes. Un dos artigos deste número analiza a presenza de plásticos en lagos de auga doce de todo o mundo. Parte de este estudo realizouse en Galicia por un equipo da UdC, entre eles Moisés Canle que dirixe a cátedra EMALCSA-UDC. (10:45) Visitamos no Colexio de Fonseca na USC a exposición "MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta" onde coñecemos o último mineral descuberto en Galicia. Temos o gusto de conversar con Óscar Lantes, Marcos González, Xoana Pintos, Juan Manuel Cutrín e Mónica Mura. (41:07) Laura Reyes Sánchez é a presidenta da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo. Conversamos con ela e Agustín Merino García ao fío do proxecto "Plantando cara al fuego"

  • Efer 641 (5-7-23): Obradoiro de radio

    14/10/2023 Duración: 55min

    (1:51) Últimos días para inscribirse no concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade" (7:56) Unha vez ao ano en vez de perseguir nós aos científicos, son eles os que veñen aos nosos estudos para ver como se fai a radio. Contamos con Leticia Tobalina Pulido, Adriana Barros, Yeray Folgar, Luz Castro e Cinthia Piñeiro. (43:32) María José Mariño preséntanos as actividades de cine familiar e campamento do proxecto D´Tec do GAIN (48:21) Achegámonos á Praza da Ciencia das Festas do Barrio de San Pedro en Santiago

  • Amena Karimyan, o país onde as mulleres teñen prohibido ollar ao ceo

    26/07/2023 Duración: 09min

    Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.

  • Efer 640 (28-6-23): As aventuras do Gran Triángulo [Radioteatro]

    19/07/2023 Duración: 55min

    A principios do século XIX dous franceses en galego viven sorprendentes aventuras para medir un gran triángulo sobre as Baleares e a costa levantina. O seu obxectivo completar a medición do metro. O mesmo Jules Verne faríase eco destas aventuras nunha das súas novelas. Con Francisco Díaz Fierros, autor da novela "O gran triángulo", os actores César Goldi, Avelino González e Manuel Fernández, e o pianista Juanjo Fernández, radiodramatizamos algunhas desas historias

  • Efer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar

    19/07/2023 Duración: 56min

    (2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos" (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente. (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica - Divulgacción en colaboración co Consello da Cultura Galega promove o proxecto Voces de Ciencia de recuperación da memoria sonora dos nosos investigadores e investigadoras galegos xa xubilados. Unha ollada ós protagonistas da ciencia galega do século XX na voz en primeira persoa dos seus protagonistas. Dentro deste proxecto hoxe imos coñecer a vida do químico Luis Castedo contada por el mesmo. www.efervesciencia.org

  • Efer 638 (14-6-23): Noite Efervescente de poesía e radioteatro

    19/07/2023 Duración: 56min

    Celebramos a novena Noite Efervescente desde a Casa de Rosalía en Padrón. A nosa pequena festa inclusiva da astronomía coa participación da Asociación AMIPA e a Andaina pola Saúde Mental. A nosa anfirioua é María López Sandez. Participan os nosos colaboradores Martín Pawley, Xabier Pérez Couto, Borja Tosar e Nacho Munilla. E con radioteatro ao vivo nas voces das actrices Victoria Fernández, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. www.efervesciencia.org

  • Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN

    19/07/2023 Duración: 55min

    (2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especialmente homes. Conversamos con Elena Freire Aradas e Adrián Ambroa. (46:04) O programa "Fábrica Intelixente" abre a súa 5ª edición. Cóntanolo Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN. (52:48) Avance da Noite Efervescente. www.efervesciencia.org

  • Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais

    19/07/2023 Duración: 56min

    Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICIPIT, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. X-Scape recibiu 10 millóns de euros do consello Europeo de Investigación. Conversaremos con Felipe Criado (director do INCIPIT) e Luis Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant). Tamén asistiremos á realización dun dos seus experimentos con María Silva e Jina Zagui. www.efervesciencia.org

página 4 de 43