Efervesciencia
Amena Karimyan, o país onde as mulleres teñen prohibido ollar ao ceo
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:09:32
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.