Efervesciencia
Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba!
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:55:09
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. (14:01): Borja Tosar nunha nova postal planetaria analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix "Non mires arriba!". Unha boa escusa para falar de asteroides, defensa planetaria, as iniciativas que temos en Galicia de detección de meteoros, minería espacial,... (37:50) Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María