Efervesciencia
Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:56:33
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación. (18:45) Unha das últimas portadas de Nature ilustra a creación dun revolucionario repetidor cuántico desenvolvido no Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona. Este traballa forma parte da tese de doutoramento de Darío Lago, @osondasideas, que nos explica en detalle como se levou a cabo o experimento. (44:10) O programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN) permite reter e captar talento investigador. Tanto de investigadores que teñen obtido proxectos do Consello Europeo de Investigación (ER