Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos

    15/07/2024 Duración: 56min

    (1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos sobre micorrizas e microenxertos cos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo da USC Santiago Lamosa e Juan Luis Fernández. Tamén contamos con Helga Peral de XuvenLab e o alcalde de Pobra do Brollón, José Luis Maceda.

  • Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]

    11/07/2024 Duración: 01h21min

    [Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado. E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago.

  • Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia

    23/06/2024 Duración: 56min

    (2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. (19:33) A directora do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC Aurora Grandal é a pioneira en estudar o rexistro fósil galego. Comezou a súa carreira estudando o oso cavernario. É especialista nos mamíferos do cuaternario en Galicia. Tamén formou parte do equipo multidisciplinar que estudou a Elba, a muller do mesolítico que é o resto humano máis antigo atopado na nosa comunidade. Tamén conversamos co espeleólogo e investigador Marcos Vaqueiro. (51:21) Anunciamos a X Noite Efervescente.

  • Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida]

    16/06/2024 Duración: 37min

    [Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.

  • Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos

    16/06/2024 Duración: 56min

    (1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa. (41:21) É posible medir a posición da columna vertebral sen facer radiografías e cun método non invasivo e barato. O CITENI da Universidade da Coruña patentou un dispositivo que pode axudar a traumatólogos e ortopedistas. Conversamos co enxeñeiro biomecánico Florian Michaud.

  • Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a "eco-esperaza"

    02/06/2024 Duración: 31min

    Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea.

  • Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis

    02/06/2024 Duración: 15min

    No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.

  • Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida)

    02/06/2024 Duración: 01h25min

    A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN), Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico"), Félix Torres (entomólogo, profesor da Universidade de Salamanca), Lucía González (astrofísica e promotora de Allande Stars), Henrique Nepomuceno (director do Parque Biolóxica da Gaia, Portugal), Gemma del Caño (farmaceútica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca).

  • Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia

    26/05/2024 Duración: 54min

    "Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao teixo milenario de San Cristobal de Valdueza no Bierzo (42:15).

  • Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación

    25/05/2024 Duración: 59min

    Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).

  • Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO

    19/05/2024 Duración: 01h01min

    Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenberg e Bohr na Copenhague ocupada polos nazis cando a bomba atómica era só unha posibilidade teórica? (34:10) Aceleradoras de empresas con Patricia Fernández (GAIN) e Nacho Iglesias (Vi&Go).

  • Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

    19/05/2024 Duración: 57min

    (1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria da exposición "Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós".

  • Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto

    18/05/2024 Duración: 55min

    (3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueoastronomía, a cal se desenvolve baixo o paraugas do Consello Supremo de Antigüidades. Acompañados por el, emprendemos unha viaxe no tempo chea de templos, xeróglifos, constelacións, estrelas e calendarios. (46:37) Pim Pam Experimenta é un concurso científico da TVG. Conversamos con David Ballesteros.

  • Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica

    07/04/2024 Duración: 54min

    (5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín afondará na estrutura dos polímeros semicondutores a partir do seu novidoso modelo semiparacristalino. Tamén conversamos con Mariano Campoy Quiles (ICMAB-CSIC). Estes materiais están chamados a producir, por exemplo, paneis solares flexibles, transparentes, económicos e sostibles. (35:18) Chamamento de Eva Cabanelas á participación no concurso de monólogos científicos en galego Ciencia Calidade. (39:41) Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abril e o cometa 12P/Pons Brooks.

  • Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi

    07/04/2024 Duración: 19min

    Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.

  • Efer 667 (28-3-24): Glicosa

    06/04/2024 Duración: 54min

    Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence.

  • Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida]

    26/03/2024 Duración: 28min

    [Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS

  • Mate-glifos [Versión estendida]

    26/03/2024 Duración: 36min

    [Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carátula: Duvi

  • Efer 666 (21-3-24): O número 666

    26/03/2024 Duración: 55min

    (2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carátula: Duvi Foto orixinal capítulo Yolanda Prezado: Alejandro González García. CiMUS

  • Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo

    16/03/2024 Duración: 54min

    (2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos. (35:38) Por que aínda non pisamos Marte? Postal Planetaria con Borja Tosar.

página 2 de 43