Efervesciencia

Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón

Informações:

Sinopsis

(2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa. (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvolvido tecnoloxías de luxo. (48:11) Antonio Cagide gañou a segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun texto que relaciona o dogma central da bioloxía coa bica e uns determinados pelos do corpo.