Efervesciencia
Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:57:05
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxía depresiva asociada ao cancro de mama. En oncodepusc@gmail.com ou no teléfono 647 34 42 31 pode contactarse con este proxecto para solicitar información. (18:18) A química coruñesa Victoria Muñoz do Centro de Astrobioloxía-CSIC simula e estuda os xeos que se atopan en lúas conxeladas como Europa ou Titán. Parte da súa investigación realizouna no JPL da Nasa. As lúas conxeladas do noso sistema solar presentan grandes masas de auga líquida e son as principais candidatas para o achado de vida fora da terra. (42:20) Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-