Efervesciencia
Efer 660 (8-2-24): Materiais que respiran para arrefriar sen contaminar
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:53:18
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence. (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura. Conversamos con José Manuel Bermúdez, investigador do CICA. (38:53) Iolanda Seoane, técnica de investigación e divulgación do INCIPIT-CSIC, cóntanos como celebran o 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. (42:58) A Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez recolle un estudo que atopou unha relación entre o xene X e a alta prevalencia de doenzas autoinmunes nas mulleres.